InicioSociedadeO parque de Coruxo pechará hoxe pola "falta de responsabilidade" do Goberno...

O parque de Coruxo pechará hoxe pola “falta de responsabilidade” do Goberno local

O propio goberno de Vigo esta a incumplir os mínimos de efectivos que él mesmo estableceu e segue sen pór en marcha as ofertas de emprego para os parques.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os bombeiros levan todo o verán esixindo un convenio colectivo e unha mellora das condicións. A sinstitucións pola súa parte non se sentaron a negociar por “estar de vacacións” e os bombeiros non poden máis.

Hoxe, dende a CIG anuncian o peche dun dos dous parques de bombeiros en Vigo por falta de persoal. Esta é a instalación de Coruxo que permanecerá clausurada até as 22:00 horas de hoxe ao haber só 12 efectivos operativos fronte aos 20 establecidos como mínimos polo Goberno local.

Por isto, dende a central sindical insisten no “desleixo” e na “falta de responsabilidade” do
Goberno local que actúa con “total pasividade” á hora de buscar unha solución a un “problema
crónico”, xa que o peche deste parque está a ser recorrente nos últimos meses.


“A Corporación municipal está a incumprir os mínimos de persoal que ela mesma aprobou para
garantir de forma mínima a seguridade da cidadanía, pondo en serio risco a súa integridade e
aumentando considerabelmente os tempos de resposta ante un sinistro ao deixar a cidade durante
un período de 24 horas só cun primeira saída
”, sinala a CIG.

Ademais lembran que as ofertas de emprego no servizo de bombeiros dos anos 2020-2021-2022 están aínda sen executar, mentres que a de 2023 -que podería estar xa en marcha- atópase paralizada. “Por se isto fose pouco, as bases das oposicións fican paralizadas no departamento de recursos humanos dende o 30 de xuño de 2022”.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...

Así se vivirá o papel da muller na ciencia na UVigo durante todo este mes

Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as...

A Xunta asinará o convenio da ETEA a semana que vén con críticas a Caballero por “oito meses de atraso”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, celebrou que a...

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...