InicioMedio Ambiente e PatrimonioPechan ao baño a praia do Con en Moaña, tras detectarse un...

Pechan ao baño a praia do Con en Moaña, tras detectarse un episodio “puntual” de contaminación por fecais

Desde o consistorio moañés procedeuse a informar a través de carteis e do izado da bandeira vermella no areal, á espera de que as novas análises realizadas nas últimas horas confirmen se o problema persiste ou se a praia pode reabrirse ao baño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A praia do Con en Moaña foi pechada ao baño este mércores tras confirmarse a contaminación por fecais nunhas mostras tomadas o pasado fin de semana e cuxos resultados se coñeceron nas últimas horas.

Os estudos realizados por Sanidade Ambiental, dependente da Consellería de Sanidade da Xunta, confirmaron esa contaminación polo que, seguindo o protocolo, púxose en coñecemento do Concello de Moaña eses resultados, para que informe aos usuarios da praia, a única do municipio con Bandeira Azul, e tome as medidas pertinentes.

Así, desde o consistorio moañés procedeuse a informar a través de carteis e do izado da bandeira vermella no areal, á espera de que as novas análises realizadas nas últimas horas confirmen se o problema persiste ou se a praia pode reabrirse ao baño. As primeiras hipóteses apuntan a que a contaminación ten a súa orixe nunha vertedura.

A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, precisou que “se trata dun episodio puntual e, desde logo, o primeiro que se dá en todo o verán”. “Debeuse a unha situación puntual de aparición dunha vertedura de fecais, da que xa se alertou á concesionaria do servizo de tratamento de augas residuais”, insistiu.

ÚLTIMAS

Intervidos 1.300 quilos de cocaína nun portacontedores que realizaba a ruta Vigo-Málaga

Axentes da Garda Civil interviñeron 38 fardos de cocaína, cun peso total aproximado de 1.300 quilos,...

Stellantis volve suspender dúas quendas de produción por falta de pezas

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volverá suspender dúas quendas de produción esta semana por...

Ferido o condutor dun camión envorcado na rotonda que conecta o Cunqueiro coa VG-20 mentres transportaba area

O condutor dun camión resultou ferido este xoves ao envorcar co vehículo no que...

O BNG responsabiliza á Xunta da saturación das Urxencias do Álvaro Cunqueiro

O BNG de Vigo responsabilizou este mércores á Xunta de Galicia da "saturación" do...