InicioSociedadeEliminado un punto de vertedura de augas residuais no lugar da Madalena,...

Eliminado un punto de vertedura de augas residuais no lugar da Madalena, en Cangas

Os inspectores autonómicos localizaron deficiencias nun entroncamento de augas residuais á rede municipal de saneamento que, segundo a Xunta, orixinaba achegues irregulares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galiciaeliminou un punto de vertedura de augas residuais no lugar da Madalena, no concello de Cangas.

Os técnicos do programa de control de verteduras localizaron este punto da vertedura tras unha alerta comunicada polo servizo de emerxencias do 112. Os inspectores autonómicos localizaron deficiencias nun entroncamento de augas residuais á rede municipal de saneamento que, segundo a Xunta, orixinaba achegues irregulares.

“Estas irregularidades foron comunicadas ao ente titular destas instalacións para que adoptase as medidas oportunas para a emenda da vertedura”, apostila. Nunha nova inspección, constatouse o arranxo da rotura detectada.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...