InicioSociedadeUn punto de vertedura de augas residuais ao río Lagares

Un punto de vertedura de augas residuais ao río Lagares

Nunha inspección observouse a existencia dun caudal que se emitía a través dun tubo de formigón cara ao curso fluvial, que xa foi eliminado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galiciaeliminou un punto de vertedura de augas residuais cara ao río Lagares, no municipio de Vigo. Tal e como informaron nun comunicado, os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, localizaron este punto de vertedura tras unha alerta comunicada polo Servizo de Emerxencias do 112.

Na inspección observouse a existencia dun caudal que se emitía a través dun tubo de formigón cara ao curso fluvial. Augas de Galicia puxo esta situación en coñecemento do Concello de Vigo para que levase a cabo as medidas oportunas para a emenda da vertedura irregular.

Nunha recente inspección á zona, os técnicos autonómicos constataron a realización das intervencións oportunas e a ausencia de caudal cara ao río Lagares, eliminando así a vertedura irregular ao dominio público hidráulico.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...