InicioSociedadeA segunda xornada do Marisquiño arrinca coas clasificatorias do Dirt Jump e...

A segunda xornada do Marisquiño arrinca coas clasificatorias do Dirt Jump e os adestramentos do descenso MTB

Na zona do Naútico atópase o muro onde o graffitero Miedo 12 amosa a súa arte. En Samil celebráronse adestramentos en Skate, BMX, Break Dance e Flatland.

PUBLICADO O

- Advertisement -

segunda xornada competitiva do Marisquiño arrincou este sábado coas probas clasificatorias para a final do Dirt Jump e cos adestramentos do Descenso MTB, en categoría masculina e feminina, que culminará esta tarde coa celebración da final desta proba que percorre a zona vella de Vigo con inicio no Castro e final no peirao do Berbés.

En Samil durante a mañá celebráronse adestramentos en Skate, BMX, Break Dance e Flatland e pola tarde terán lugar probas clasificatorias en todas estas disciplinas para as finais de mañá. Na zona do Naútico durante todo o día celébranse partidos eliminatorios de Basket 3×3 tamén para definir os finalistas de mañá en categoría masculina e feminina.

Tamén son protagonistas durante esta segunda xornada as Batallas de Gallos pola tarde no escenario de Porta do Sol, e concertos pola noite novamente en Samil coas actuacións de J. Curto, Oddliquor, Albany, Clara! e Antídoto. Ademais, na zona do Naútico atópase o muro onde o graffitero Miedo 12 mostra a súa arte. Na xornada do venres rexistrouse unha gran afluencia en todos os circuítos e tamén nos concertos nocturnos no Escenario Vibra Mahou de Samil.

En total, as inscricións de deportistas para esta edición do Marisquiño roldan as 630, con presenza de grandes deportistas internacionais como Dawid Godziek (actual número 2 do ranking mundial de Dirt Jump), Daniel Dhers (subcampión olímpico de BMX) ou os skaters Ivan Monteiro, Danny León, Keet Oldenbeuving e Angelo Caro, entre outros.

DAWID GODZIEK LIDERA O DIRT JUMP

Durante a xornada matinal do sábado tamén tivo lugar a proba clasificatoria do Dirt Jump que determina a orde de saída para a final prevista para a tarde do domingo. O polaco Dawid Godzie, actual número 2 do mundo nesta disciplina, liderou a clasificación, seguido polo sueco Felix Törnqvist e polo vigués Miguel Guerreiro “Carolo”. O propio alcalde de Vigo, Abel Caballero, comentou o “excepcional” da edición de 2023 do Marisquiño, “con máis xente que nunca no seu primeiro día”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...