InicioSociedadeO Concello de Vigo crea un comité especial para "facer crecer" o...

O Concello de Vigo crea un comité especial para “facer crecer” o Nadal

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes a creación dun comité especial para o Nadal na cidade, co obxectivo de “facer crecer” esta celebración, pero “minimizando os seus efectos colaterais”.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor indicou que este comité estará presidido por Carmela Silva, a primeira tenente de alcalde. Nel tamén estarán os concelleiros responsables das áreas de Seguridade, Festas, Turismo, Comercio e Medio Ambiente, ademais do segundo tenente de alcalde, Javier Pardo.

Será este mércores, día 9 de agosto, cando se reúnan por primeira vez, contando coa presenza do propio Abel Caballero. A idea é conseguir que o Nadal de Vigo “vaia a máis”, pero en “mellores condicións” para a cidade, “eliminando os efectos colaterais” que producen “dificultades” para algúns veciños.

Este comité tomará decisións relativas a aspectos como seguridade, ordenación cidadá, tráfico ou a localización das atraccións do Nadal. Caballero volveu a pór en valor o Nadal de Vigo como unha “celebración de rango mundial” e un “fenómeno turístico” en Europa.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...