InicioSociedadeA Festa da Lamprea de Arbo presenta a súa candidatura a Festa...

A Festa da Lamprea de Arbo presenta a súa candidatura a Festa de Interese Turístico de Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Arbo aprobou por unanimidade no pleno do pasado 24 de setembro a solicitude de declaración da Festa da Lamprea Seca como Festa de Interese Turístico de Galicia, coa presentación ante a Xunta dunha memoria e informes que xustifiquen dita condición.

Ambos grupos políticos (Partido Popular e Agrelar) puxeron de manifiesto que la lamprea e o sinal de Identidade de Arbo e polo que se nos coñece a nivel autonomico, nacional e internacional.

Festa da Lamprea/ Concello de Arbo

O organismo autonómico, a través de Turismo de Galicia, deberá agora estudar todos os informes presentados polo Concello para dar o visto bo a esta solicitude. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, afirmou que “é unha gran alegría para nós e tamén unha enorme satisfacción poder optar a este recoñecemento dunha festa que contribúe a desestacionalizar o consumo de lamprea e que vai xa pola súa XXIII edición”.

Lamprea/ Concello de Arbo

Gil recalcou tamén o intenso traballo levado a cabo polo Concello, xuntando papeis e documentos, para argumentar a solicitude, afirmando tamén que “é unha distinción non só para Arbo senón tamén para todos os seus paisanos, os restaurantes e as adegas que
participan cada ano na Carballeira de Turbela”.

Lamprea cocinada/ Concello de Arbo

Neste sentido, apuntou que o condecoración será “un aliciente máis para seguir mellorando a nosa festa e actos co obxectivo de que sexa cada vez mellor e recibamos máis visitantes probando a mellor Lamprea e o mellor Viño”.

O alcalde tamén agradeceu o esforzo e dedicación de todos os que fixeron e posibilitaron que o festival da lamprea tivera cada ano un maior fluxo de visitantes.

Lamprea/ Concello de Arbo

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...