InicioMedio Ambiente e PatrimonioXulgan ao responsable dunha empresa viguesa por traficar cun gas refrixerante prohibido

Xulgan ao responsable dunha empresa viguesa por traficar cun gas refrixerante prohibido

A Audiencia Provincial de Pontevedra, na súa sede en Vigo, xulga este martes, ás 09.45 horas, a varios empresarios galegos e lusos acusados de traficar cun gas destrutor da capa de ozono.

PUBLICADO O

Audiencia Provincial de Pontevedra, na súa sede en Vigo, xulga este martes, ás 09.45 horas, a varios empresarios galegos e lusos acusados de traficar cun gas refrixerante prohibido (por destruír a capa de ozono).

A Fiscalía pide penas de máis de 2 anos de cárcere, así como multas que van de 54.000 a 72.000 euros, para varios empresarios e as súas sociedades.

Segundo o escrito de acusación do ministerio público, un dos acusados é responsable dunha empresa afincada na cidade olívica e que, polo menos desde 2010, vendía gas clorodifluorometano, coñecido polo seu nome comercial como gas R22, que se utiliza para refrixeración industrial e de buques.

A venda deste gas está prohibida por normativa europea debido a que se trata dun produto que destrúe a capa de ozono, aínda que se contempla a excepción de que se poida importar, reenvasar e exportar a outros países non comunitarios. Tamén se permite vender en territorio da UE se previamente se rexenera.

A Fiscalía sostén que esta empresa e o seu responsable venderon o gas sen rexenerar, a propósito de que estaba prohibido, a outras empresas, que tamén están acusadas neste procedemento xunto aos seus responsables, e a buques.

O ministerio público considéraos responsables dun delito de tráfico ilegal de sustancia destrutora do ozono, e solicita para cada unha das catro persoas acusadas nesta causa (dúas delas con documento portugués) a pena de 2 anos e 3 meses de cárcere, multa de 66.000 euros e 9 anos de inhabilitación para comerciar con gases refrixerantes.

Para a empresa galega que vendía o gas pide multa de 72.000 euros e a prohibición de realizar operacións de comercio de gases refrixerantes durantes 2 anos; para outra empresa galega que compraba o produto e o distribuía pide multa de 54.000 euros, a mesma multa que para outra empresa portuguesa que adquiriu o gas.

ÚLTIMAS

Os equipos de emerxencias auxilian aos dous ocupantes dun turismo tras saírse da vía na AP-9, a altura da parroquia viguesa de Cabral

Os dous ocupantes dun turismo foron auxiliados polos equipos de emerxencia tras saírse da...

Tres atracadores levaron uns 300.000 euros a punta de pistola do Caixabank de Gran Vía

A Policía Nacional revisa imaxes gravadas polas cámaras e toma declaracións a testemuñas e empregados para atopar...

A remodelación do Museo Massó de Bueu rematará en 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este venres o Museo Massó...

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...