InicioSociedadePiden 8 anos de cárcere para unha enfermeira que administrou opiodes como...

Piden 8 anos de cárcere para unha enfermeira que administrou opiodes como tramadol á súa filla de dous anos

Será xulgada este martes na sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 8 anos de prisión para unha enfermeira, veciña de Vigo, acusada dun delito contra a saúde pública por administrar á súa filla menor de idade medicamentos perigosos para a súa idade, entre eles opioides, e que será xulgada este martes na sección quinta da Audiencia de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, entre finais de 2018 e decembro de 2020, a procesada administrou á súa filla (desde que tiña dous anos ata o catro) medicamentos como tramadol, un opioide; flecainida, un antiarrítmico; e prometazina, que se usa como antihistamínico. A acusada tiña a custodia da menor e convivía con ela.

A Fiscalía sostén que a enfermeira realizou estes actos “coñecendo o grave risco” que entrañaba para a saúde da nena tomar esas drogas. En marzo de 2022 ditouse auto xudicial polo que se outorgou a garda e custodia da menor ao seu pai.

A Fiscalía considera á muller autora dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de sustancias que causan grave dano á saúde, concorrendo a circunstancia cualificadora (prevista no código penal) de facilitar as sustancias a un menor de 18 anos. Así mesmo, pide que se aplique a agravante de parentesco.

Por todo iso, pide que a acusada sexa condenada a 8 anos de prisión e que se lle prive da patria potestade sobre a nena.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...