InicioSociedadePSOE, BNG e AER acordan a investidura da socialista Rivas en Redondela...

PSOE, BNG e AER acordan a investidura da socialista Rivas en Redondela e buscar un tripartito progresista

Rivas evitou "falar de disputas" e ofreceuse a "traballar por e para a cidadanía"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE, o BNG e a Agrupación de Electores de Redondela (AER) asinaron este venres os acordos para garantir a investidura da socialista Digna Rivas como alcaldesa, e buscar un tripartito progresista nesta localidade pontevedresa.

Segundo un comunicado remitido pola agrupación socialista local, Digna Rivas e o candidato de AER, Roberto Villar, asinaron un documento de “medidas programáticas”, así como “a entrada no goberno” de AER, que asumirá a concellaría de Infraestruturas e Sustentabilidade.

Co candidato do BNG, Xoán Carlos González, chegouse a un pacto de investidura, e socialistas e nacionalistas “están de acordo en loitar por un goberno progresista”. Entre os puntos destacados do acordo, hai un compromiso de diálogo e de que ambas as forzas políticas participen “nas decisións fundamentais para Redondela”.

O PSOE de Redondela mostrou a súa “satisfacción e agradecemento” a BNG e AER por buscar puntos de consenso, algo imprescindible para “este acordo progresista”. “Os veciños e veciñas esperan un goberno forte que estea á altura”, explicou Digna Rivas, que evitou “falar de disputas” e ofreceuse a “traballar por e para a cidadanía”.

“Abrimos un período novo e contade co meu compromiso permantente de diálogo e de entendemento, sempre cos intereses xerais de Redondela para seguir catro anos máis avanzando”, concluíu a alcaldesa e funcións e candidata á reelección.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...