InicioSociedadeO PSOE de Tui admite o "escenario complexo" tras perder dous edís,...

O PSOE de Tui admite o “escenario complexo” tras perder dous edís, pero non descarta gobernar en solitario

Os socialistas conseguiron 2 edís.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde en funcións e candidato do PSOE en Tui, Enrique Cabaleiro, admitiu este luns que, tras os resultados dos comicios municipais, abriuse no municipio un “escenario complexo”, onde os socialistas, a pesar de ser a lista máis votada, perderon dous edís e empatan co PP, con 6 representantes.

En declaracións a Europa Press, Cabaleiro sinalou que a súa candidatura non foi “allea ao tsunami” do PP en toda a provincia e matizou que a perda de dúas actas podía ser, dalgunha maneira, “previsible”, xa que o resultado de 8 concelleiros socialistas en 2019 debeuse a circunstancias “excepcionais” (os partidos de centro dereita uníronse en outubro de 2017 nunha moción de censura para desbancar ao socialista e outorgaron a alcaldía a Carlos Vázquez Padín, de Converxencia 21, a pesar de que só tiña dous concelleiros).

O candidato socialista recoñeceu que agora, con 6 edís, os mesmos que o PP, os 4 concelleiros do BNG e o edil de Converxencia 21, ábrese “un escenario complexo”, e explicou que o seu partido aínda está “a analizar” os resultados. Polo momento, engadiu, non iniciou contactos con ningunha formación de cara a garantirse os apoios para a investidura, e sinalou que non descarta un goberno socialista en solitario.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...