InicioAs obras para o aparcadoiro disuasorio de Domaio foron adxudicadas por 800.000...

As obras para o aparcadoiro disuasorio de Domaio foron adxudicadas por 800.000 euros

O aparcadoiro contará con preinstalación de tres puntos de recarga para vehículos eléctricos e tamén terá carrís de circulación interior dun só sentido, e unha banda perimetral de itinerario peonil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta adxudicado por 791.269 euros á empresa Construcións, Obras e Viarias, S.A., a construción do aparcadoiro disuasorio asociado á implantación de zonbas de baixas emisións na estrada autonómica PO-551 en Domaio, Moaña.

Esa zona de estacionamento está situada preto da ligazón de Rande, que conecta a AP-9 coa autovía do Morrazo e contará con 75 prazas, dúas delas para vehículos de persoas con mobilidade reducida.

A previsión da Xunta é que as obras comecen este verán e os actos expropiatorios das leiras necesarias para executar os traballos xa foron convocados.

O aparcadoiro contará con preinstalación de tres puntos de recarga para vehículos eléctricos e tamén dispondrça de carrís de circulación interior dun só sentido, e unha banda perimetral de itinerario peonil.

Esta actuación forma parte dos proxectos promovidos pola administración autonómica ao amparo dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...