InicioSociedadeDesestimada unha demanda dos comuneiros de Cabral por unha leira ao pór...

Desestimada unha demanda dos comuneiros de Cabral por unha leira ao pór en dúbida un plano de 1891

A xuíza dubidou da fiabilidade do devandito documento xa que, segundo argumenta, non se pode utilizar unha clasificación do século XIX empregando os límites actuais dos municipios de Mos e Vigo, sen ter en conta que en 1891 estes lindes eran outros.

PUBLICADO O

O Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo desestimou unha demanda interposta pola Comunidade de Montes de Cabral contra unha veciña de Peinador para anexionarse unha leira con catro vivendas ao pór en dúbida un plano de 1891 que os comuneiros usaron como proba.

Na sentenza, a xuíza dubidou da fiabilidade do devandito documento xa que, segundo argumenta, non se pode utilizar unha clasificación do século XIX empregando os límites actuais dos municipios de Mos e Vigo, sen ter en conta que en 1891 estes lindes eran outros.

Tal como informou a Plataforma Galega de Afectados polas Comunidades de Montes, a directiva de comuneiros presentara unha demanda contra a veciña para anexionarse a leira e catro casas da súa propiedade.

Con todo, o fallo dubida da fiabilidade deste plano, que xa foi utilizado tamén como proba noutros preitos aos longo do últimos tres anos. Por outra banda, a maxistrada mantén que o demandante non puido probar que na leira en cuestión realizáronse traballos de aproveitamento con anterioridade, non podendo servir como proba de que sexa un terreo comunal.

“Coas probas achegadas non se pode prosperar a acción que exercita a Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral, pois parte dunha delimitación do monte que non se corresponde cos antecedentes históricos e que carece de bases obxectivas, sobre a que sitúa a parcela dos demandados sen sinalar fitos nin marcas identificativos concretos coincidentes”, explica a xuíza na sentenza, á que tivo acceso Europa Press.

“ESPERANZA TRAS TRES ANOS DE ACOSO”

A parcela en litixio ten unha extensión de 4.500 metros cadrados con dúas edificacións e catro vivendas. Para a veciña afectada, Purificación Castro, o fallo “dá esperanzas despois de tres anos de acoso”.

“Fomos demandados nós cando hai leiras que están máis preto do monte que a miña. É claramente un señalamiento cara a quen non compartimos as decisións da xunta reitora actual”, lamentou.

“A vivenda está no límite do Concello de Vigo e sabemos que ese linde cambiou en múltiples ocasións”, explicou o avogado Jesús López. “Con só contrapor un plano non se proba nada respecto desta leira. Se se emprega como argumento principal o tempo inmemorial, haberá que facelo para todo, incluíndo os límites municipais da época”, engadiu o letrado da veciña afectada.

Este fallo, que xa foi recorrido polos comuneiros, súmase a outro recente a favor dos veciños e empresarios de Cabral, o da empresa Baitra. Neste caso, o maxistrado do Xulgado número 13 considerou que os comuneiros non puideron acreditar o aproveitamento inmemorial do lugar nin se puido identificar a leira en litixio dentro do perímetro clasificado polo Xurado Provincial de Montes.

Ademais, en decembro, outro xulgado tamén desestimou as pretensións da Comunidade de Montes sobre unha leira propiedade de Abanca de máis de 3.000 metros cadrados, segundo lembra a Plataforma nun comunicado, que indica que nestes momentos hai once procedementos xudiciais abertos só na zona de Cabral e outro tres en Tameiga.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...