InicioSociedadeNovo corte por obras na autovía Tui-A Guarda, será na noite do...

Novo corte por obras na autovía Tui-A Guarda, será na noite do xoves ao venres

A Xunta tamén informou de que, para seguir avanzando nos traballos de execución do taboleiro, ao longo da semana estará en funcionamento o 'transfer' desde o quilómetro 29+860 ao 30+240.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballos de formigón nas obras da autovía Tui-A Guarda obrigarán a un novo corte de tráfico na noite do xoves ao venres, segundo informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Así, trátase duns traballos que afectan o tramo entre as ligazóns da A-55 e o polígono de Areas, onde xa a finais de marzo houbo un corte de tráfico nocturno para a montaxe dun van de vigas metálicas dun paso superior.

Esta semana, cortarase o treito entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 para facer tarefas de hormigonado nos dous vans do paso superior en forma de glorieta sobre a autovía, no tronco da vía de alta capacidade e na conexión coa estrada N-551.

O corte, que pretende garantir as condicións de seguridade para os usuarios da vía e para os traballadores da obra, realizarase entre as 22,00 horas do xoves e as 05,59 horas do venres, cando quedará restablecida a circulación.

Como itinerario alternativo, desde a saída 29 da A-55, en sentido Portugal, utilizarase a estrada autonómica PO-340, incorporándose á N-550 e logo á N-551 polo termo municipal de Tui. Para circular en sentido O Porriño, o percorrido será polas mesmas vías, en dirección inversa.

A Xunta tamén informou de que, para seguir avanzando nos traballos de execución do taboleiro, ao longo da semana estará en funcionamento o ‘transfer’ desde o quilómetro 29+860 ao 30+240.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...