InicioSociedadeO BNG de Gondomar pide á Xunta que faga gratuíta a AG-57...

O BNG de Gondomar pide á Xunta que faga gratuíta a AG-57 durante as obras contra as inundacións

Alertou do "grave problema de seguridade" que se vai a producir durante o tempo de execución da obra

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Gondomar instou á Xunta de Galicia a habilitar de forma gratuíta a AG-57 como alternativa durante as obras destinadas a reducir o risco de inundacións no devandito municipio pontevedrés.

Tal como indicou a organización nacionalista nun comunicado, estes traballos suporán a demolición da ponte da rúa Curros Enríquez, polo que desde o BNG lamentaron que nin o Goberno galego nin o local conten cun plan para canalizar o “intenso tráfico” que circula diariamente por esa vía.

“Nin a estrada Vincios-Couso nin o centro de Gondomar poden soportar tanto vehículo e os camións e autobuses simplemente quedarían atrancados”, indicou a concelleira Manuela Rodríguez, que alertou do “grave problema de seguridade” que se vai a producir durante o tempo de execución da obra, que se alongará durante preto dun ano.

Por iso, solicitou unha reunión urxente co Concello e coa Xunta para explorar alternativas que, ao seu xuízo, pasan por dar acceso “libre e gratuíto” á AG-57 para convertela nunha circunvalación de uso obrigatorio para todo o tráfico que non teña como destino Gondomar.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...