InicioSociedadeA Policía Local de Tui volve operar na quenda de noite desde...

A Policía Local de Tui volve operar na quenda de noite desde este mes

A Policía Nacional abriu unha nova oficina de denuncias nas instalacións do Centro Comercial Vialia de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Tui recuperou a súa quenda de noite desde o 1 de abril, polo que a partir dese día dous axentes traballan en horario nocturno grazas á incorporación de cinco novos funcionarios tras completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Tal como explicou o concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, a incorporación destes axentes permite novamente establecer tres quendas ao longo da xornada, ao contar cos efectivos necesarios.

Así mesmo, Magán asegurou que dous axentes máis reforzarán o persoal proximamente, estando pendentes do novo proceso selectivo que realice a Agasp. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, celebrou a recuperación deste servizo “demandado pola cidadanía” que contribuirá, ao seu xuízo, a aumentar a seguridade no municipio.

NOVA OFICINA DE POLICÍA NACIONAL VIGO

Por outra banda, a Policía Nacional abriu unha nova oficina de denuncias nas instalacións do Centro Comercial Vialia de Vigo. Desde a súa inauguración oficial, o pasado decembro, as instalacións sometéronse a unha pequena reforma, polo que o próximo 11 de abril abrirá as súas portas en horario de 15,00 a 21,00 horas, de luns a venres, para a atención ao cidadán.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...