InicioSociedadePiden 5 meses de prisión a un pai por consentir "con pasividade...

Piden 5 meses de prisión a un pai por consentir “con pasividade e desidia” o abstentismo escolar da súa filla

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 5 meses e medio de prisión para un pai ao que acusa dun delito de abandono de familia, ao consentir que a súa filla menor, sen xustificación, faltase a clase no instituto no que estaba matriculada, incumprindo as súas obrigacións como titular da patria potestade da nena.

Segundo o escrito de acusación pública, o pai (que será xulgado este mércores na sala do Penal 3 de Vigo) tiña a custodia exclusiva da súa filla de 16 anos, e “incumpriu consciente e deliberadamente os deberes que, como titular da patria potestade lle correspondían”.

Así, como titular desa patria potestade, debería “atender e garantir debidamente a formación integral e a educación da súa filla” pero, aínda que a matriculou en 2º da ESO no curso 2020-21 nun instituto de Vigo, consentiu “con pasividade e desidia” que só acudise “uns días” a clase entre setembro e outubro de 2020, e que deixase de ir completamente desde novembro ata o final dese curso.

Todo iso “sen causa de xustificación algunha”, e sabendo que a súa filla, dese modo, non podería ser avaliada, “como finalmente acabou sucedendo”. Por iso, a Fiscalía acúsao dun delito de abandono de familia e pide que sexa condenado a 5 meses e medio de prisión, con inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade por tempo de 3 anos.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...