InicioSociedadeIdentificadas dúas persoas por facer pintadas contra o goberno local en edificios...

Identificadas dúas persoas por facer pintadas contra o goberno local en edificios municipais de Ponteareas

O executivo local sinalou que "todas as críticas son lexítimas" pero "a liberdade de expresión non ampara actos de vandalismo nin danos aos bens públicos"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Ponteareas identificou a dúas persoas como supostas autoras de varias pintadas en edificios e bens municipais desta localidade, entre eles, a Casa Consistorial, catalogada por Patrimonio.

Segundo informaron fontes do Concello, todas as pintadas (na Casa Consistorial, o auditorio municipal ou a biblioteca) “recollen as mesmas expresións” contra o goberno local.

O Concello emprenderá accións legais “polos danos ocasionados de forma dolosa nos bens do patrimonio histórico-artístico”, que implican penas de multa e prisión, en función dos estragos causados. Así mesmo, o goberno fará unha valoración do custo de limpar todas as pintadas “para reclamar o importe ás persoas autoras”.

O executivo local sinalou que “todas as críticas son lexítimas” pero “a liberdade de expresión non ampara actos de vandalismo nin danos aos bens públicos”, algo que acaba repercutindo en todos os veciños, que cos seus impostos deben pagar esa “falta de civismo”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...