InicioSociedadeO Sergas convocará oito prazas de médicos de familia e pediatras para...

O Sergas convocará oito prazas de médicos de familia e pediatras para Covelo, Ponteareas, Arbo, Mondariz, Tui e Tomiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) convocará a través de concurso de méritos, sen oposición, oito prazas fixas consideradas de difícil cobertura en centros de Atención Primaria de municipios do sur da provincia de Pontevedra.

En concreto, incorporaranse tres médicos de familia aos ambulatorios de Covelo, Arbo e Ponteareas, respectivamente, mentres que haberá outro cinco pediatras: dous en Tui, un en Tomiño, un en Ponteareas e outro compartido para os centros de saúde de Covelo e Mondariz.

Así o avanzaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Ponte, quen visitaron este martes o centro de Covelo acompañados polo seu alcalde, Pablo Castelo.

López destacou que Galicia está “a actuar co máximo enxeño e esforzo, tanto normativo como económico, para ser a primeira comunidade que adopta e consegue solucións” ante a falta de médicos e de pediatras de Atención Primaria “que afecta a toda España”.

Así, o delegado da Xunta reivindicou que o Sergas o fai a través de “diversas medidas”, entre elas esta nova convocatoria por concurso de méritos con 413 prazas consideradas de difícil cobertura que se porá en marcha en próximos meses en Atención Primaria, Saúde Mental e hospitais comarcais. “Non imos parar ata fortalecer ao máximo a Atención Primaria para ser a primeira rexión de España que supera esta difícil situación”, subliñou Luís López.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...