InicioSociedadeA Guarda, coa vida sa: organiza cursos de panadería, risoterapia e Mindfullness

A Guarda, coa vida sa: organiza cursos de panadería, risoterapia e Mindfullness

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Omix da Guarda abreu o prazo para inscribirse no curso de panadería e masas que terá lugar os venres de 18:00 a 21:00 horas a partir do vindeiro 5 de outubro e que se prolongará ata o 16 de novembro.

No curso, os asistentes aprenderán a elaborar masas con diferentes fariñas, masas doces, salgadas, masa madre, entre outros conceptos indispensables para a elaboración de pan. O curso ten un custe de 40€, no que se inclúe todo o material preciso polos participantes.

Para inscribirse e ampliar información, todas as persoas interesadas poden achegarse ou chamar a OMIX da Guarda no 986610000 ext.1015 ou escribir un mail a informacion@aguarda.es.

 

Obradoiro de panadería / Concello da Guarda

Ademais, o Concello da Guarda abre o vindeiro luns día 10 de setembro o prazo de inscricións para un obradoiro de Mindfullness adicado ás familias, que terá lugar na Guarda todos os xoves entre o 18 de outubro e o 29 de novembro en horario de 18:00h a 20:00h.

Este obradoiro de Mindfullness e risoterapia está pensado para toda a familia, pais e nais, fillos e fillas, avós e avoas, entre 6 e 99 anos. Os menores de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta, e que preferentemente pertenzan a mesma familia, ainda que non é obrigatorio. En total este obradoiro terá unha duración de 16 horas e realizarase no Centro Cultural da Guarda, situado na Rúa Rosalía de Castro.

As inscricións e informacións para este obradoiro, que forma parte do programa Tecendo Lazos da Deputación de Pontevedra, xestionaranse a través da OMIX do Concello da Guarda, chamando ao 966 61 0000 ext.1015

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...