InicioSociedadePiden 4 anos de cárcere para un secretario xudicial por apropiarse de...

Piden 4 anos de cárcere para un secretario xudicial por apropiarse de 241.000 euros dun xulgado de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía presentou escrito de acusación contra o Letrado da Administración de Xustiza (LAJ) investigado por apropiarse supostamente de diñeiro da conta do xulgado de Vigo no que traballaba, e pide para el 4 anos de prisión e outros tantos de inhabilitación.

Segundo o escrito do ministerio público, os feitos ocorreron entre 2019 e 2021, cando este funcionario (antes denominados secretarios xudiciais) desempeñaba o seu labor nun xulgado de primeira instancia da cidade olívica. Así, “abusando do seu cargo e das súas funcións”, e posto de acordo con outras tres persoas nun “plan preconcibido”, expediu de forma irregular “e sen amparo nin causa legal nin xustificación algúns” diferentes mandamentos de devolución desde a conta bancaria do xulgado, en favor desas tres persoas, tamén acusadas e consideradas pola Fiscalía cooperadoras necesarias do delito.

No escrito de acusación recóllese que este secretario xudicial expediu mandamentos de pago a un dos acusados que sumaron uns 33.240 euros; en favor doutro, os pagos sumaron case 135.000 euros; en favor doutro acusado, expediu mandamentos de pago que sumaron 30.061 euros; outros case 32.000 euros en favor da irmá dun dos acusados; e outros mandamentos de pago en favor de persoas da contorna dos procesados por máis de 10.700 euros.

En total, a Fiscalía estima que este LAJ apropiouse de case 241.000 euros, e considérao autor dun delito continuado de apropiación indebida na súa modalidade agravada, nas súas modalidades de administración desleal e apropiación dos artigos 253.1 e 252.1 2 do Código Penal; mentres, os outros tres acusados sería autores, en concepto de cooperadores necesarios, dun delito continuado básico de apropiación indebida.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...