InicioSociedadeOs traballos na VAC Tui-A Guarda obrigan a cortar o tráfico nun...

Os traballos na VAC Tui-A Guarda obrigan a cortar o tráfico nun tramo da A-55 a noite do xoves ao venres

Como alternativa, desviarase o tráfico pola estrada autonómica PO-340

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballos de execución nun treito da Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda, obrigarán a cortar o tráfico nun tramo da A-55 na noite do xoves ao venres Segundo informou a consellería de Infraestruturas e Mobilidade, as obras no treito entre as ligazóns de Areas e a autovía A-55 obrigarán a cortar o tráfico entre os puntos quilométricos 29+100 e 30+600 da autovía. O corte durará desde as 22,00 horas do xoves ás 6,00 horas do venres.

Nestes momentos está a traballarse a ritmo intenso na zona e o corte de tráfico farase para proceder á montaxe das vigas metálicas do paso superior, en forma de glorieta, sobre a autovía, para dar servizo aos ramais da A-55, ao ‘tronco’ da VAC e á conexión coa estrada N-551. Para facer esa montaxe con total seguridade, deberá cortarse o tráfico de forma total nese tramo da autovía, e en ambas as calzadas.

Como alternativa, desviarase o tráfico pola estrada autonómica PO-340 desde a saída 29 en sentido Portugal, e continuarase a circulación pola N-550 e a N-551 polo termo municipal de Tui. O percorrido será o mesmo en sentido O Porriño, aínda que á inversa. A Xunta prevé pór en servizo o tramo da VAC entre as ligazóns da A-55 e Areas a mediados deste ano, tras un investimento de 21 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...