InicioSociedadeVigo recoñecerá a Ceferino de Blas como Medalla de Ouro da cidade...

Vigo recoñecerá a Ceferino de Blas como Medalla de Ouro da cidade a título póstumo

Ceferino de Blas foi cronista oficial da cidade desde 2017.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello recoñecerá a Ceferido de Blas como Medalla de Ouro da cidade a título póstumo, tras o falecemento este pasado domingo do xornalista, que foi director de ‘Faro de Vigo’ e director xeral de Prensa Ibérica en Galicia.

En rolda de prensa, o rexedor trasladou o seu pesar pola morte de De Blas, “un gran amigo, unha gran persoa, bondadosa, con criterio e carácter“, segundo indicou Caballero, que asegurou que esta Medalla de Ouro pretende dar recoñecemento “aos esforzos, os méritos e á capacidade e dedicación de Ceferino durante unha parte tan importante da súa vida”.

“Ceferino de Blas foi cronista oficial da cidade desde 2017, anterior director de ‘Faro de Vigo e director xeral de Prensa Ibérica en Galicia, gran vigués e xornalista infatigable dunha excepcional calidade”, reivindicou.

O alcalde apuntou que desde que chegou á cidade en 1986, e nos case 40 anos que estivo nela, “fixo un traballo de compromiso total con Vigo“, impulsando o Instituto de Estudos Vigueses, entre outros méritos. Ademais, destacou a capacidade de De Blas para comprender a singularidade de Vigo, pondo a súa vida ao servizo da urbe desde os diferentes cargos que ostentou.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...