InicioSociedadeO TSXG confirma a compensación de 172.000 euros que o Concello de...

O TSXG confirma a compensación de 172.000 euros que o Concello de Vigo lle deu a Dornier pola ‘zona azul’

Dornier pedía 2,5 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avalou a compensación económica de 172.000 euros que o Concello de Vigo outorgou a Dornier, a empresa concesionaria que prestaba o servizo de estacionamento regulado ‘zona azul’.

Tal como indicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o TSXG ratificou a compensación económica que o Concello deu á compañía polos servizos prestados entre 2014 e 2018, a pesar de que a firma reclamaba 2,5 millóns de euros.

Na súa sentenza, o tribunal desestima o recurso de apelación interposto por Dornier, que consideraba insuficiente o importe de liquidación do contrato determinado polo goberno local en vía administrativa.

A resolución xudicial, que ratifica a de primeira instancia, indica que a compensación de máis de 172.500 euros que entregou o Concello era correcta. Contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo ou ante a sala.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...