InicioSucesosO Goberno confirma como violencia de xénero o asasinato de Baiona, con...

O Goberno confirma como violencia de xénero o asasinato de Baiona, con este xa son 1.190 mulleres asasinadas desde 2003

A vítima mortal, de 47 anos, foi asasinada este domingo 5 de febreiro, supostamente, pola súa ex parella. O home foi detido este luns en Ourense.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou o asasinato dunha muller en Baiona como violencia de xénero, o que supón a vítima 1.190 por violencia machista desde que se iniciaron os rexistros en 2003 e a oitava muller asasinada no que vai deste ano.

A vítima mortal, de 47 anos, foi asasinada este domingo 5 de febreiro, supostamente, pola súa ex parella. O home foi detido este luns en Ourense.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, expresou a súa “firme repulsa” e a do Executivo central por este novo crime machista e enviou o seu “afecto e apoio aos familiares e amizades”. “Non pararemos até que cada muller poida vivir libre e segura”, subliña Miñones, a través das súas redes sociais.

A Delegación do Goberno en Galicia convocou, para este martes, un minuto de silencio ante a sede institucional, na Coruña, para condenar este novo crime machista. Será ás 9,15 horas.

Ademais, están previstas concentracións de repulsa por toda a xeografía galega ante as casas consistoriais.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...