InicioSucesosRatifican os 40 anos de cárcere para o home que asasinou á...

Ratifican os 40 anos de cárcere para o home que asasinou á súa irmá e a súa sobriña en Soutomaior

Os feitos remóntanse ao 21 de agosto de 2020 cando a súa irmá Genoveva e a súa sobriña Noelia acudiron á infravivenda na que habitaba o acusado para reclamarlle unha escaleira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación e confirmou a condena de 40 anos e 2 meses de cárcere para Miguel G.R., por matar á súa irmá e a súa sobriña disparándolles cunha pistola, en agosto de 2020 en Soutomaior.

A defensa do procesado alegou, na vista celebrada o pasado 9 de xaneiro, que actuara en lexítima defensa e levado por un medo insuperable, xa que fora agredido pola súa irmá e a súa sobriña cando estas foron á súa casa a recuperar unha escaleira que o home tomara prestada.

Así mesmo, o condenado tamén pediu que se rebaixase a pena tendo en conta a atenuante de confesión, e pediu que a relación de parentesco coas vítimas se tomase como atenuante e non como agravante, debido á “malísima relación” coa súa irmá e a súa sobriña.

Na súa resolución, o alto tribunal galego desestima estes argumentos e expón, por unha banda, que non hai probas de que as vítimas o atacasen cunha aixada e un machete, xa que non se probou que os apeiros fosen delas e o acusado non tiña feridas compatibles coa suposta agresión.

Doutra banda, o TSXG ve correctamente aplicadas as agravantes de aleivosía e parentesco, e descarta que se poida rebaixar a pena por confesión, xa que Miguel G.R. escondeu a arma do crime e hai indicios de que manipulou a escena. Finalmente, determina que “non existe o mínimo indicio de que o acusado tivese padecido tal medo insuperable”.

FEITOS E CONDENA

Os feitos polos que foi xulgado este veciño de Soutomaior remóntanse ao 21 de agosto de 2020 cando, á primeira hora da tarde, a súa irmá Genoveva e a súa sobriña Noelia acudiron á infravivenda na que habitaba o acusado para reclamarlle unha escaleira.

Alí, o home colleu unha pistola automática de calibre 9 mm, para a que non tiña licenza, e disparou practicamente a pelacorpo ás vítimas, sen que tivesen posibilidade de defensa.

Miguel G.R. foi xulgado por un tribunal de xurado na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede en Vigo) en maio do ano pasado, e foi condenado a penas que suman 40 anos e 2 meses de cárcere, por dous asasinatos e un delito de tenencia ilícita de armas. A sentenza tamén lle impuxo indemnizacións que superaban os 257.000 euros a tres familiares das falecidas.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...