InicioVal MiñorNigránQue fan Albert Rivera, Angel Acebes, Bertín Osborne, Fabiola Martínez, Fran Rivera...

Que fan Albert Rivera, Angel Acebes, Bertín Osborne, Fabiola Martínez, Fran Rivera e Paz Padilla en Nigrán?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mesmo xoves Nigrán ponse de gala para inaugurar NASAS , un novo centro comercial no polígono empresarial de Porto do Molle.

E para este evento inaugural, o Grupo Inmobiliario López Real Inversiones 21 (LR21), promotor do citado centro comercial, optou por convidar ao ex dirixente de Ciudadanos Albert Rivera, o ex-ministro de Interior Angel Acebes, o cantante Bertín Osborne, a súa ex-parella Fabiola Martínez (directora de marketing da empresa promotora LR21), o torero Fran Rivera e a humorista Paz Padilla a Nigrán para este acto inaugural.

O acto comezará esta tarde ás 18.00 horas, e tras discursos, corte de cintas e percorrido polas instalacións, haberá un espectáculo de luces con 120 drons, que formarán unha especie de enxame para debuxar figuras no ceo e en coreografía. Un ‘show’ que terá lugar xusto ao caer a noite.

A empresa encargada deste evento é a mesma que realizou o espectáculo no programa el Hormiguero.

Nasas Nigrán abrirá con 500 traballadores e prevé 5 millóns de visitas en 2023 coas marcas de cabeceira com Decathlon, Leroy Merlin, McDonald’s o Jysk.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...