InicioCulturaNace en Valença o Centro do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Nace en Valença o Centro do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Asinado o protocolo de cooperación entre a AECT Rio Minho e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas!.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Cámara Municipal de Valença asinou un protocolo de cooperación coa AECT Rio Minho e a Asociación Cultural e Pedagóxica ‘Ponte…nas Ondas!’ para a instalación, emnValença, do Centro do Património Imaterial Galego Português.

Esta nova estrutura desenvolverase no ámbito do proxecto europeo ‘Livhes – Sudoe’, que escolleu o traballo da Asociación Ponte nas Ondas como experiencia de boas prácticas representativa da eurorrexión. A iniciativa será cofinanciada polo programa Interreg-Sudoe 2014-2020.

Á par deste centro o protocolo contempla, ademais, o desenvolvemento de accións de preservación do Patrimonio Cultural Imaterial. O centro proposto pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! é un espazo que servirá de repositorio cultural, destinado ao patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. 

“Con este centro preténdese un espazo vivo, máis alá do concepto de museo tradicional, con exposicións temporais, proxeccións, palestras e concertos, entre outros”, explican nun comuniado. O centro terá, de base, unha exposición permanente enfocada en cinco áreas temáticas: tradicións orais, contos e lendas, cultura marítimo-fluvial, cultura agraria e ciclo festivo anual.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...