InicioSociedadeConvocan unha nova protesta contra o viario que dividirá as parroquias de...

Convocan unha nova protesta contra o viario que dividirá as parroquias de Vigo

A plataforma Avibe, xunto a grupos ecoloxistas, queren "avisar á cidadanía da desfeita que vai provocar o viario de alta capacidade que atravesará Beade, Bembrive, Castrelos e Sardoma".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Avibe, a plataforma de veciñanza afectada polo vial de Beade, vén de convocar unha nova mobilización para este sábado ás 13:00 na Praza América. Buscan protestar contra
o viario PO-010 e a negativa do Concello de Vigo a iniciar o trámite da declaración de ENIL (Espazo natural de interese local) ao ecosistema formado polos ríos Barxa e Eifonso.

A concentración tamén está impulsada por catro grupos ecoloxistas – Greenpeace,
Ecoloxistas en Acción, ADEGA e Amigos da Terra -. “Queremos avisar á cidadanía da desfeita que vai provocar o viario de alta capacidade que atravesará Beade, Bembrive, Castrelos e Sardoma, así como de que o PSOE foi o único partido político en votar en contra da proposta de iniciar o trámite da declaración do ENIL”, sentenzan no comunicado.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...