InicioSen categorizarO PSOE denuncia os "danos económicos" da supresión do Ferri entre A...

O PSOE denuncia os “danos económicos” da supresión do Ferri entre A Guarda e Caminha

Leticia Gallego urxe á Xunta a reforma do pantalán da Pasaxe, xa que "a día de hoxe non é accesible para os vehículos que usan o transbordador".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE denunciou este mércores os “prexuízos económicos” que está a causar a inactividade do ferri entre Caminha e A Guarda, tanto na vila guardesa como nos municipios próximos. Así o explicou a deputada Leticia Gallego tras presentar unha batería de iniciativas no Parlamento para urxir a Xunta a reforma do pantalán da Pasaxe co
obxectivo de que este poida ser accesible aos vehículos que usan o transbordador.

“Existe un enorme malestar e preocupación dende os sectores da hostalería e comercio dos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona ou Oia tras a supresión do ferri entre o municipio galego e o portugués que impide o tránsito de persoas entre ambos municipios”, denunciou a socialista, quen reivindicou unha “solución urxente” a este problema, tal e como solicitan as alcaldesas e alcaldes afectados no Baixo Miño.

Malia que os motivos da supresión do ferri son diversos, un deles, denunciou a socialista, é que “o pantalán continúa á espera dunha reparación necesaria por parte de Portos de Galicia”, o que provoca que “agora mesmo non sexa posible o acceso de vehículos ao transbordador”. “Esta avaría no peirao fai que dende agosto non se poida transitar no ferri en automóbil e, dende entón, só prestou servizo para pasaxeiros a pé ou en bicicleta, quedando suspendido na súa totalidade no mes de outubro”, subliñou.

“Este problema afecta toda a economía local da zona, xa que, por exemplo, no caso da Guarda, boa parte dos clientes do sector hostaleiro proceden de Portugal e moitos deles chegaban á vila en ferri”. Con esta situación, incidiu, “é necesario buscar unha solución a curto prazo e debería determinarse se o transbordador vai seguir funcionado e mesmo se este transporte cumpre coas expectativas das súas usuarias e usuarios nos dous países, xa que, de non ser así, sería necesario comezar a traballar na implantación dun novo servizo de transporte de pasaxeiros entre ambos municipios”.

“Este problema de transporte marítimo é moi grave, tendo en conta que as dúas vilas se alimentan mutuamente a nivel económico e social”, alertou a socialista. E a maiores, subliñou, “os peregrinos e peregrinas que realizan o Camiño Portugués pola Costa non dispoñen dun transporte regular para cruzar o río”. Así, a alternativa actual ao ferri é utilizar os taxi-mar, unhas embarcacións portuguesas que traballan baixo demanda cunhas tarifas que, sinalou a socialista, “varían dependendo do número de persoas que transporten”.

ÚLTIMAS

Feridas dúas persoas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9, en Redondela

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas tras unha colisión entre tres vehículos na AP-9,...

O Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á contratación...

O PP de Vigo esixe unha comisión de investigación sobre o accidente mortal en Matamá

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo rexistrou unha moción, que se...

Arde por completo unha lancha fronte á illa de Toralla

Unha lancha de recreo ardeu por completo en Vigo, resultando ilesos os seus tripulantes,...