InicioSen categorizarO Concello de Arbo convoca becas de estudo para universitarios por valor...

O Concello de Arbo convoca becas de estudo para universitarios por valor de 500 euros

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os estudantes universitarios empadroados en Arbo con, mínimo, un ano de anterioridade, poderán optar a unha beca de 500 euros. Trátase dunha concocatoria do propio Concello

Poderán solicitar esta axuda aqueles mozos e mozas, que realicen estudos
universitarios no presente curso 2021/2022 e que cumpran os seguintes
requisitos:
a) Estar empadroado no Concello cun ano de anterioridade ao momento en
que se solicita a beca.
b) Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a
obtencíon dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos
estudos para os que se solicita a beca. A estes efectos, non poderán ser
beneficiarios de beca aqueles estudantes aos que únicamente lles reste, para a
obtención do título, a acreditación dun determinado nivel de coñecemento dun
idioma estranxeiro.
c) Estar matriculado nalgunha das ensinanzas universitarias do sistema
educativo español para obter un título universitario oficial.
d) No caso do Master, só se Terán en conta aqueles que habilitan para o
exercicio profesional.
e) Non atoparse incurso nalgunha das prohibicións establecidas no artigo
13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
A Instancia de solicitude dirixirase ó Sr. Alcalde – Presidente do Concello de
Arbo,
Acompañada da documentación establecida nas Bases ds convocatoria (a
disposición dos solicitantes nas Oficinas Municipais e na páxina Web).

ÚLTIMAS

Foanpas entrega 7.000 firmas no Parlamento para esixir o fin das aulas segregadas en Galicia

A Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais (Foanpas) deu este luns un...

Conexións suspendidas e cambios de frecuencia na ría de Vigo polo temporal

As malas condicións meteorolóxicas, con aviso laranxa activado en todo o litoral, e aviso...

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público a tres colectivos da UVigo

O TS recoñece o dereito á suba salarial para o persoal  empregado público dos...