InicioSucesosCondenado a 20 anos de cárcere o home que asasinou a golpes...

Condenado a 20 anos de cárcere o home que asasinou a golpes á súa noiva nun piso de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 20 anos de cárcere a D.P.A., considerado culpable por un tribunal de xurado do delito de asasinato con aleivosía e ensañamento.O xurado leu este martes o seu veredicto no que declara culpable ao procesado por unanimidade.

Así, ve probado que D.P.A. atacou a D.P.M., con quen mantiña unha relación intermitente, e golpeouna causándolle múltiples e graves lesións que lle ocasionaron a morte, na tarde do 2 de setembro de 2015, nun piso da rúa López de Neira en Vigo.

Tamén considera probado que esta agresión tiña o propósito de acabar coa vida da muller e que o acusado asumiu que podería matala. Do mesmo xeito, o tribunal popular foi unánime ao considerar probado que a vítima non tivo posibilidade algunha de defensa, e que o acusado lle causou lesións que aumentaron o seu sufrimento, aínda sendo innecesarias para matala.

Dado que había acordo entre as partes, a presidenta da sala ditou sentenza ‘in voce’ e declarouna firme. Así, condenou a D.P.A. a 20 anos de cárcere por asasinato con aleivosía e ensañamento, e aplícalle a circunstancia agravante de parentesco e a atenuante de confesión, xa que o home entregouse na Comisaría poucas horas despois de cometer o crime.

Ademais da pena de prisión, D.P.A. deberá indemnizar en 100.000 euros ao fillo da vítima, ao que non poderá aproximarse nin comunicarse por período de 30 anos. Así mesmo, establécese unha medida de liberdade vixiada por dous anos, condicionada a que participe en programas de reeducación sobre igualdade de xénero, que poderá realizar estando en prisión.

ÚLTIMAS

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...