InicioSociedadeCangas empeora a súa situación e pasa de restrición media baixa a...

Cangas empeora a súa situación e pasa de restrición media baixa a media

concello de Cualedro (Ourense) sumarase, a partir do próximo luns 19, ao grupo de municipios con restricións máximas

PUBLICADO O

- Advertisement -

concello de Cualedro (Ourense) sumarase, a partir do próximo luns 19, ao grupo de municipios con restricións máximas, no que permanecerán tamén O Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras. Así, este catro municipios seguirán co peche perimetral e a hostalaría só poderá abrir con servizo a domicilio e para levar.

Así o decidiu o subcomité clínico na reunión deste venres, na que se analizaron os últimos datos da evolución da pandemia por coronavirus e que levou a cabo tamén a revisión dos niveis para o resto de municipios galegos.

Á marxe deste grupo, determinouse o nivel alto de restricións para nove concellos: Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre. Nestes municipios están pechados os interiores da hostalaría.

No nivel medio sitúanse O Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Neste grupo de municipios a hostalaría pode servir en terrazas ao 50 por cento da súa capacidade e no interior, ao 30 por cento.

No resto de concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que principalmente afecta os aforamentos da hostalaría (50 por cento en interior e 75 por cento as terrazas).

CARRAL, A ILLA E MONTERREI MELLORAN

Unha das principais novidades son para Carral e A Illa de Arousa, que melloran e agora poderán reabrir os interiores da hostalaría, ao pasar de nivel alto de restricións ao nivel medio. Pola súa banda, Monterrei pasa de nivel de restricións alto a nivel medio baixo, co que tamén poderá reabrir e co máximo aforamento permitido en Galicia neste momento.

Pola súa banda, pasan a ter nivel alto de restricións o concello de Cambre, que este fin semana aínda estarán en situación media, polo que a partir de luns terán máis limitacións, especialmente, nos aforamentos da hostalaría. Tamén empeoran os municipios das Pontes, Cambados, Catoira e Cangas, que pasa de nivel medio baixo a nivel medio de restricións.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...