InicioSen categorizarRiscan os textos en galego dos paneis das salinas romanas do Seixal...

Riscan os textos en galego dos paneis das salinas romanas do Seixal de A Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dobre agresión patrimonial en A Guarda.

Os paneis informativos das recentemente escavadas Salinas romanas do Seixal en A Guarda, apareceron cos textos en galego riscados.

O Concello da Guarda, a través da Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, ven de facer público a súa condena en contra deste ataque contra o patrimonio da vila da Guarda, realizado nas explicacións en lingua galega do panel.

Estes paneis foron instalados a finais do ano 2019 como parte do proxecto “A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos”.

Ao longo dos vindeiros días agárdase poder recuperar este panel, que está a disposición de todos os veciños e visitantes ao igual que os que se instalaron nas Salinas da Lagoa e do Puntal en Camposancos.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...