InicioSen categorizar52 axentes controlarán o cumprimento da 'responsabilidade individual' de non acudir aos...

52 axentes controlarán o cumprimento da ‘responsabilidade individual’ de non acudir aos areais de Nigrán a noite de San Xoán

Os operarios municipais e unha brigada de da empresa concesionaria de limpeza estarán mobilizados na mañá do 24 por se fose preciso requirir o seu servizo.

PUBLICADO O

O Concello de Nigrán disporá desde ás 12:00 horas do 23 de xuño, dun amplo dispositivo de vixilancia para evitar calquera posible celebración do San Xoan nas súas praias.

Un total de 30 axentes da Garda Civil, 22 da Policía Local, 23 voluntarios de Protección Civil, unha patrulla do Servizo Marítimo e outra do Seprona integrarán este operativo que inclúe o desaloxo de todos os areais do municipio (tamén calas) desde as 21:00 horas de mañá ata as 8:00 do propio día 24.

Durante a noite todas as forzas e corpos de seguridade controlarán que non se realicen festexos nas praias e, precisamente, co obxectivo de facilitar esta vixiancia, o ecosistema dunar de Praia América-Panxón será iluminado como de costume nesta data con potentes focos. Os operarios municipais e unha brigada de Cespa estarán mobilizados na mañá do 24 por se fose preciso requirir o seu servizo de limpeza.

A pasada semana o Concello lanzou a campaña #VemonosNoSanXoan2021 para concienciar á cidadanía da imposibilidade de acudir a festexalo á praia de Panxón, polo que a previsión é que a penas se desprace xente con este propósito pero, por precaución e responsabilidade, establecerase este dispositivo.

“Paciencia, Cariño e Calma, o San Xoan regresará no 2021 se entre todos tomamos todas as precaución que agora hai que tomar, actuemos con conciencia social e sentido da responsabilidade cumprindo as normas sanitarias como ata agora fixemos”, subliña o alcalde, Juan González, quen invita este ano a festexar San Xoan en familia, de feito, o Concello rexistrou finalmente 15 petición de fogueiras, todas elas particulares.

Sesión Vermú

O Concello, ante a situación excepcional deste ano, ofrece unha programación alternativa de San Xoan con actividades divulgativas como un roteiro para a identificación das tradicionais herbas aromáticas na tarde de mañá en Camos e un concerto da Banda de Música de Vincios o propio 24 no peirao de Panxón. Así, a banda sairá as 12:00 horas do Porto Pesqueiro para percorrer as rúas Mariñeiro ou Jesús Espinosa e, posteriormente, realizar un concerto ás 13:00 horas no inicio do Paseo Marítimo (ao carón do porto pesqueiro).

Esta actuación encádrase no programa municipal ‘Música nas Parroquias’ que ofrece unha actuación en sesión vermú na festividade de cada parroquia de Nigrán, xa que na maioría dos casos nin haberá verbena por mor das circunstancias sanitarias.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...