InicioSen categorizarPortugal mantén pechadas as fronteiras con España cando menos ata o 15...

Portugal mantén pechadas as fronteiras con España cando menos ata o 15 de xuño

A resolución entrou en vigor o 14 de maio pasada a 1 da madrugada española e impide as viaxes por turismo e lecer ao país veciño

PUBLICADO O

- Advertisement -

O control das fronteiras terrestres con España, por parte do goberno portugués, mantense dende o 17 de marzo en nove puntos de paso autorizados.

Os pasos autorizados son: Valença-Tui, Vila Verde da Raia-Verín, Quintanilha-San Vitero, Vilar Formoso-Fuentes de Oñoro, Termas de Monfortinho-Cilleros, Marvão-Valência de Alcântara, Caia-Badajoz, Vila Verde de Ficalho-Rosal de la Frontera e Castro Marim-Ayamonte.

O Consello de Ministros de Portugal aprobou unha resolución que manterá de momento até o 15 de xuño o peche das fronteiras terrestres con España, peche que pode ser prorrogado segundo a resolución.

“O Consello de Ministros aprobou a resolución que estende a reincorporación, de xeito excepcional e temporal, do control de persoas nas fronteiras, no contexto da pandemia da enfermidade covídica-19”, afirma o comunicado difundido ao final da reunión extraordinaria do Goberno.

A resolución entrou en vigor este 14 de maio pasada a 1 da madrugada española e impide as viaxes por turismo e lecer ao país veciño. O que sí estará permitido o transporte de mercadorías e o paso de traballadores fronteirizos.

A reapertura das fronteiras non teñen data, “todo dependera do éxito de España e Portugal na loita contra o COVID19 .

Portugal pasou a decretar o “estado de calamidade”, o equivalente ao estado de alarma español ,o pasado 3 de maio logo de tres períodos consecutivos de estado de emerxencia decretados dende o 19 de marzo.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...