InicioEconomíaTrinta empresas da lonxa viguesa reclaman a exoneración temporal do pago de...

Trinta empresas da lonxa viguesa reclaman a exoneración temporal do pago de taxas

Os afectados solicitaron á Autoridade Portuaria a revisión das concesións en vigor, "coa redución a futuro das taxas por causa de forza maior en función da realidade económica sobrevinda tras a superación da pandemia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha trintena de empresas da lonxa do porto vigués reclamaron á Autoridade Portuaria a exoneración do pago de taxas ocupación, actividade e utilización durante seis meses ou a rebaixa do seu custo á metade pola afectación da crise sanitaria aos seus negocios.

Mediante unha carta remitida ao presidente do Porto, Enrique López Veiga, estas compañías dos sectores da comercialización o transporte e a embalaxe de peixe lamentaron que se lles esixa facer fronte a estes pagos a pesar de perder “unha ampla porcentaxe das vendas a consecuencia da crise”. Así, demandaron que se adopten “medidas urxentes” ante esta situación.

Ademais, os afectados solicitaron á Autoridade Portuaria a revisión das concesións en vigor, “coa redución a futuro das taxas por causa de forza maior en función da realidade económica sobrevinda tras a superación da pandemia”.

En concreto, sinalaron a importancia de que se revise a taxa de ocupación dado que, ao seu xuízo, “o espazo xa non ten, nin terá, o valor que tiña antes da crise”, así como a de utilización posto que a crise cambiou as necesidades do sector. Do mesmo xeito, os empresarios consideraron que a taxa de actividade “débese revisar á baixa dos límites mínimos para a fixación da base impoñible” e que se debe reducir o tipo de gravame.

Ademais, tacharon de “insuficientes” as medidas adoptadas polo Porto recentemente, que seguían as recomendacións de Portos do Estado. Así, a Autoridade Portuaria contemplou o adiamento do ingreso da débeda tributaria das liquidacións correspondentes a taxas portuarias e unha redución temporal dos requisitos de esixencia dos tráficos mínimos de forma excepcional para este ano.

ÚLTIMAS

Cinco feridos nun accidente en Mos

Cinco persoas resultaron feridas na mañá deste sábado ao chocar frontalmente dous vehículos no...

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...