InicioSucesosUn xuíz considera sospeitosas a dúas persoas de provocar o incendio forestal...

Un xuíz considera sospeitosas a dúas persoas de provocar o incendio forestal de Salvaterra de 2015

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Ponteareas concluíu que existen indicios de criminalidade respecto de dúas persoas como presuntas autoras de incendios forestais orixinados en setembro de 2015 na zona de Salvaterra.

No auto, o xuíz Francisco Juan Hernández dá por finalizada a investigación que arrincou a partir da vaga de lumes rexistrada o 6 e 7 de setembro de 2015 na área de Salvaterra do Miño, após “unha ardua e complicada instrución”.

Nesta resolución, apunta á existencia de indicios de criminalidade con respecto a dúas persoas, ás que considera sospeitosas de cometer senllos delitos de incendios forestais, e empraza á Fiscalía a formular o escrito de conclusións solicitando apertura de xuízo oral ou o sobresemento da causa.

 

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...