InicioSen categorizarSalceda contará con fibra óptica no 85% do concello

Salceda contará con fibra óptica no 85% do concello

Para a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, o despliegue da fibra óptica é unha aposta clara polo rural e un aliciente para que xente opte por vivir no concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Electra Alto Miño, principal empresa comercializadora de electricidade no concello de Salceda de Caselas leva dede 2017 acometendo un importante proxecto de instalación de fibra óptica cun investimento que dende o 2017 achégase xa aos 2 millóns de euros, e que permitirá levar este servizo no mes de xuño ao 85% do territorio do municipio.

Fontes municipais sinalan que o investimento por parte desta empresa lévase a cabo integramente a cargo da comercializadora, sen contar con subvencións de administracións públicas.

O servizo actual ofrece unha velocidade estándar de 100 MB simétricos, aínda que a empresa está a ofertar tamén outras condicións adaptándose ás necesidades das persoas e entidades usuarias.

Dende o concello sinalan que o proxecto de despliegue de fibra é unha moi boa nova para Salceda, sobre todo para que as zonas rurais do concello poidan ir beneficiándose da fibra, ropendo esa brecha dixital de acceso á información.

Para a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, o despliegue da fibra óptica é unha aposta clara polo rural e un aliciente para que xente opte por vivir no concello.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...