InicioMedio Ambiente e PatrimonioA presenza de peixes tropicais ameaza a ría de Vigo cunha invasión...

A presenza de peixes tropicais ameaza a ría de Vigo cunha invasión de parasitos exóticos

PUBLICADO O

Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC) presentan os resutados dun estudo que constata que o impacto de individuos de especies exóticas —algunhas delas, invasoras— atopados en augas de Galicia pode ser maior do que se pensa, non só polo seu comportamento, tamén polo que transportan: novos parasitos.

Os científicos centráronse na busca e identificación de parasitos no tracto dixestivo de dous espécimes capturados por primeira vez en augas galegas: o primeiro rexistro de peixe globo (Ephippion guttifer) en Galicia e de riscado (Parapristipoma octolineatum), típicos de augas africanas e máis cálidas, e nunca antes vistos en Galicia.

No caso do peixe globo, trátase dun espécime macho de 570 mm capturado o 10 de xaneiro de 2017 na desembocadura da ría de Vigo. O segundo espécime foi unha femia de  riscado de 293 mm capturada por un pescador en Punta  Faxilda, na desembocadura da ría de Pontevedra, o 21 de xullo de 2018. Ambos exemplares depositáronse no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

O exame de E. guttifer mostrou unha alta intensidade de nematodos, de tres xéneros diferentes: CucullanusHysterothylacium e Anisakis, con patoxenicidade demostrada para os humanos; é dicir, son fontes de enfermidades. Mentres que as análises no riscado mostraron un nivel moi baixo de parasitos e só se observaron dúas larvas de Hysterothylacium, xeneticamente identificadas como Hysterothylacium deardorffoverstreetorum, descrita por primeira vez en peixes en augas de Brasil, sendo este o primeiro informe no Atlántico leste; polo que saben os científicos, non hai rexistros de parasitos de nematodos nesta especie.

Sobre os parasitos identificados no peixe globo, a identificación molecular permitiu a identificación da especie Anisakis pegreffii, xa descrita en augas europeas, principalmente no Mediterráneo, mentres que o Anisakis simplex é o mási común no Atlántico norte. Como se trata dun parasito xa descrito na área, os investigadores non descartan que se transmitise de especies nativas ao exemplar de peixe globo analizado.

O máis preocupante deste estudo foi o achado das primeiras mostras informadas en augas europeas de Cucullanus dodsworthiHysterothylacium reliquens e unha nova especie de Hysterothylacium sp.

IMPACTO NA FAUNA NATIVA E NA PRODUCIÓN MARIÑA

Estes achados son importantes para analizar os posibles impactos que terán as especies tropicais e subtropicais que se están desprazando cara ao norte, até augas galegas, transportando parasitos inéditos nestas latitudes. Segundo os científicos, “o posible impacto ecolóxico da presenza de dous peixes individuais non nativos nunha nova área podería ser notablemente máis alto se vemos este problema a través da perspectiva parasitolóxica, na medida en que só dous peixes poden albergar máis de cen parasitos nematodos pertencentes a diferentes especies, a maioría delas tamén novas especies para esa área”.

Os investigadores subliñan que “a distribución e diversidade de especies de parasitos poderían verse afectadas directamente polo cambio climático, modificando as taxas de transmisión e a virulencia, pero tamén a través de cambios na distribución e abundancia dos seus portadores”. Nesta liña, alertan de que eses cambios poderían ser maiores do que se pensa se se considera que “a introdución dun só peixe nun novo ecosistema pode implicar a introdución dun número e unha diversidade de especies moito máis altos (máis de cen individuos e catro especies diferentes en E. guttifer) cando se considera a fauna parasitaria” que transportan eses peixes exóticos.

“Dado que se descubriu que estas especies son parasitos máis ben xeneralistas, que afectan a unha variedade de diferentes especies de peixes, non podemos descartar que poidan atopar portadores adecuados entre as especies de peixes locais, converténdose en parasitos invasores”, advirten os autores deste traballo.

A introdución de especies de parasitos en novos ecosistemas mariños pode afectar negativamente a fauna nativa, pero tamén pode poñer en grave perigo a produción mariña na área, causando importantes mortalidades e perdas económicas.ç

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...

Miguel Martín asume a portavocía do grupo municipal do PP en Vigo, tras a saída de Fernández-Tapias

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo designou a Miguel Martín como...

Máis de 30 marcas de coches reuniranse na 33ª edición do Salón do Automóbil, que arrinca o mércores

Máis de 30 marcas de coches e 15 de motocicletas reuniranse na 33ª edición...

Decretado o ingreso en prisión do home detido pola súa suposta vinculación co crime da maleta

O maxistrado do xulgado de instrución número 4 de Vigo acordou este venres o...