InicioCulturaTerry Harmonica Bean fascina ao público da sala Rouge co mellor blues...

Terry Harmonica Bean fascina ao público da sala Rouge co mellor blues tradicional estadounidense

Vigo goza coa música tradicional traída desde as Américas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Terry Harmonica Bean trouxo á sala Rouge de Vigo un estilo non moi común nin por estas datas nin pola nosa terra, o mellor blues primixenio. Non se notou a idade do artista e si o talento, alongándose o recital por máis de dúas horas.

Durante o mesmo, Bean tentou comunicarse co público dunha maneira cercana. E se a barreira idiomática impediu que o poder da palabra fructificase, conseguiuno a través da linguaxe universal da música, nunha sala Rouge case chea.

En tempos de trap, tecno e outros estilos da modernidade, volveuse á orixe por uns intres, cunha espectacular combinación de guitarra, harmónica e voz. El só bastaba e sobraba para emocionar e transportar ao respectable.

Regresaba así o festival “Mais Que Blues“ a Vigo, un Ciclo Internacional que durante todo o 2019 achegará ata o sur de Galicia nomes históricos do Blues Tradicional e novas bandas que manteñen vivo o espíritu independiente do Vello Blues. É un ciclo organizado por River Bucks Asociación Cultural en colaboración con Cervezas Alhambra.

“Terry é un dos tesouros mellor gardados do Mississippi, poseedor dun estilo propio e definitivo da armónica. Ao longo da sua extensa carreira musical tocou con grandes do Blues como Willie Foster, Booba Barnes, Boogaloo Armes, Big George Borck, Big Jack Jhonson, Sper Chikan, RL Burnside, Junior Kimbrough, Asie Payton e James “T-Model Ford, entre outros. É todo un luxo comezar o Mais Que Blues 2019 cunha lenda do Blues Tradiconal como é Mr Terry Bean”, subliñaron desde a organización do evento.

 

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...