InicioSociedadeEspaña e Portugal, unidas para buscar solución ao despoboamento do rural

España e Portugal, unidas para buscar solución ao despoboamento do rural

A de España con Portugal, "a fronteira máis antiga, extensa, estable e máis pobre do núcleo central, xeográfico, de países da Unión Europea".

PUBLICADO O

O Secretario de Estado de Política Territorial, Ignacio Sánchez Amor, durante a sesión de apertura da asemblea xeral da RIET (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas), celebrada en Cáceres, afirmou que “moi por encima do marco político, a vontade da xente da fronteira foi máis importante para o establecemento de relacións sociais, económicas e empresariais. O despoboamento é un elemento que temos que traballar para profundar na idea da cohesión e integración do territorio de fronteira”.

Neste sentido sinalou que a mellora das infraestruturas “non debe ser só para que a xente vaia máis rápido ou cómoda, senón para que volva; para que volva ao seu territorio e se asente ”.

En materia de cooperación trasfronteriza, Sánchez Amor destacou que a Península Ibérica debe converterse nun laboratorio que poida avanzar solucións de cohesión bilaterais, que poderían ser útiles para o resto de territorios de fronteira da UE.

San Mateo, escola no rural/ Concello de Ponteareas

Así, defendeu que é máis operático que dous ou máis países busquen solucións que logo se poidan aplicar ao resto de países, que esperar que a maquinaria de 28 países ofreza solucións concretas: “Fagamos políticas de cohesión e integración entre España e Portugal que logo poidan exportarse a Bruxelas”, subliñou.

En materia de reto demográfico, o secretario de estado destacou que “os problemas do reto demográfico, o despoboamento, o envellecemento, afectan en boa medida a zonas do interior de todos os países e en España e Portugal afecta á fronteira. Por tanto nestes momentos os dous gobernos (español e portugués) e as entidades e administracións representadas na RIET estamos a traballar para conectar a cooperación transfronteiriza e as entidades de cooperación a este problema do reto demográfico”.

Rural/ Miguel Núñez

Pola súa banda, José Maria Costa, Presidente da RIET, afirmou que o corredor atlántico é fundamental para aumentar a conectividade das cidades, o desenvolvemento económico e permitir fixar poboación no territorio.

É urxente, dixo, “que ambos os países aceleren a introdución de infraestruturas para mellorar a competitividade dos territorios da fronteira hispano portuguesa”, medidas que serás solicitadas ao próximo Cume Ibérico que se celebrará no municipio portugués de Garda, o próximo mes de xuño.

O Secretario Xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, Xoan Vázquez Mao, lembrou que “temos a fronteira máis antiga, extensa, estable e máis pobre do núcleo central, xeográfico, de países da Unión Europea”.

Así, afirmou que “o déficit das infraestruturas, é un problema sistémico, desde que Franco apostou polo eixo mediterráneo, que se cronificou polas malas relacións das ditaduras portuguesas e española “.

Lembrou que a RIET se constituíu hai 10 anos en Cáceres para actuar como interlocutor da fronteira ante do Cume Ibérico, entre España e Portugal, que se reúne anualmente. Como exemplo, Galicia e Estremadura, sinalou, teñen tantos km de rede ferroviaria como Cataluña, uns 1.900.

“A dispersión do territorio é a clave para o custo do mantemento e o financiamento das infraestruturas. A aposta política polo mediterráneo rompe a cohesión de España, xa de seu fráxil”.

Neste sentido, insistiu que non é certo que España rompa por nacionalismos e soberanismos, “está a romperse, sen non está rota xa”, dixo “pola falta de cohesión social interior entre as fachadas atlántica e mediterránea”.

Xoan Mao reafirmou o papel da RIET como lobby da fronteira atlántica “coa que temos a capacidade política, empresarial e académica, entendendo que Zamora e Estremadura tamén son fachada atlántica a través do territorio de Portugal”.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...