A cidade de Vigo, segue sendo un exemplo de incumprimento da Lei da Memoria Democrática. A pesar de que pasaron un par de anos desde a súa aprobación, aínda hai rúas, placas inscricións e monumentos na cidade que lembran o réxime franquista e a súa ideoloxía autoritaria e represiva.
É de resaltar a Cruz polos Caídos do franquismo no Monte do Castro. Varias rúas como Alcalde Portanet, un comprobado corrupto franquista; a Alameda de Bouzas co nome do represor Alcalde Suárez Llanos; as inscricións falanxistas da Iglesia de Bouzas. Tambien a rúa Leopoldo Eijo Garay, máxima autoridade católica que apoio fervientemente a Francisco Franco.
É unha ofensa a todos os vigueses e viguesas que o asasino Capitan Carrero, teña un monumento funerario na entrada do cemiterio de Pereiro. El cal foi construído con recursos municipais.
O alcalde de Vigo Abel Caballero que foi criticado polo seu inacción neste tema, demostrou unha falta de compromiso coa memoria democrática e a xustiza. A pesar das numerosas peticións e protestas da sociedade civil, o concello de Vigo non tomou medidas efectivas para cumprir coa lei e eliminar os símbolos do franquismo da cidade.
Algúns comentan que está actitude está ligada ás orixes franquistas dos seus familiares.
A Lei da Memoria Democrática é unha norma fundamental que busca recoñecer e reparar os danos causados pola ditadura franquista ás vítimas da represión e as súas familias.
A inacción do alcalde de Vigo neste tema é un desafío á democracia e a xustiza. A memoria democrática é un dereito fundamental que debe ser respectado e protexido. A eliminación dos símbolos do franquismo é un paso necesario para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e democrática.
É hora de que o alcalde de Vigo e o concello da cidade tomen medidas efectivas para cumprir coa Lei da Memoria Democrática e eliminar os símbolos do franquismo da cidade. A sociedade civil e as vítimas da represión franquista merecen respecto e xustiza.
Lois Pérez Leira