InicioSen categorizarA conselleira Ángeles Vázquez volve cargar contra o PXOM de Vigo: "o...

A conselleira Ángeles Vázquez volve cargar contra o PXOM de Vigo: “o Concello debe cumprir”

Este luns, a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, reunirase coa edil viguesa para abordar as modificacións no PXOM.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, volveu cargar contra o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo. Nunha entrevista na Radio Galega recollida por Europa Press, Vázquez lamentou que o Concello de Vigo “leve 10 anos tramitando este documento urbanístico”. Para Vázquez, o Plan é “moi pouco ambicioso” e “nin sequera cumpre todos os preceptos establecidos por lei”.

E exemplificou que o concello vigués “retirou a protección á fortaleza do Castro e o Parque de Castrelos, outra das xoias patrimoniais, tamén decidiu retirar esa protección”. “Tal e como está agora mesmo o plan, calquera persoa ou organización que presente unha denuncia sabemos cal vai ser o resultado, que nos volveremos a quedar sen plan xeral”, reiterou. 

Agora, insistiu, “toca revisar ese plan”, pero o Concello, continuou Vázquez, “debe cumprir”. “Pasaron as eleccións, máis vale agora traballar da man e que o Concello non lle faga dano aos seus cidadáns”, relatou, antes de lembrar que a agora concelleira de Urbanismo de Vigo, María José Caride, e que xa foi conselleira, “non queira caer no mesmo erro e non dar pé a que ninguén realice unha denuncia e que ese plan volva quedar en nada”.

Este luns, a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, manterá unha reunión coa edil viguesa para abordar as modificacións no PXOM.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...