InicioSen categorizarUn incendio por culpa dunha campana extractora sáldase sen feridos

Un incendio por culpa dunha campana extractora sáldase sen feridos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio provocado por unha campá extractora dun piso de Vigo saldouse sen danos persoais, aínda que os servizos de emerxencia tiveron que intervir para sufocar as chamas.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 14,20 horas do pasado luns, cando se recibiu unha alerta da rúa Ecuador, onde había lume nun piso.

Unha vez no punto, os axentes desaloxaron ás persoas que se atopaban no inmoble e, posteriormente, comprobaron que no interior dun piso estaba a arder unha campá extractora, o que provocou unha gran fumareda.

Por iso, utilizaron o extintor do vehículo policial e catro máis do propio edificio para sufocar as chamadas. Cando chegaron os bombeiros, estes encargáronse de ventilar o edificio para que non se reiniciase o lume.

Foi unha nena de 14 anos a que, ao chegar a casa despois do instituto, decatouse de que saía fume da cociña, polo que abandonou o piso e pediu axuda. Ao pouco tempo chegou a súa nai, que se fixo cargo da menor.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...