InicioSucesosOs pequenos accionistas de Pescanova, abertos a acudir á xustiza europea

Os pequenos accionistas de Pescanova, abertos a acudir á xustiza europea

Pedirán o ingreso inmediato en prisión dos condenados e que se deriven responsabilidades, para que poder cobrar as indemnizacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A representación procesual dun grupo de pequenos accionistas de antiga Pescanova estudan acudir ao Tribunal de Xustiza da UE tras a sentenza do Tribunal Supremo que rebaixa de 8 a 6 anos de cárcere a pena para Manuel Fernández de Sousa, e que exculpa á auditora BDO, tras a quebra da pesqueira, hai case 10 anos.

O Supremo, ademais de rebaixarlle a pena ao expresidente da multinacional (ao absolverlle dos delitos de estafa, falsidade documental e aplicar unha atenuante por dilacións indebidas, aínda ratificando que falseou as contas da firma), mantén que Fernández de Sousa e Pescanova deben indemnizar solidariamente en máis de 125 millóns de euros aos investidores prexudicados.

O alto tribunal tamén absolveu ao auditor externo de Pescanova, así como á compañía auditora BDO e, en termos de responsabilidade civil, á aseguradora desta, ao estimar que o primeiro tivo unha conduta descoidada ou desatenta, pero non o comportamento doloso que resulta esixible respecto dos delitos polos que foi condenado.

SEN POSIBILIDADE DE RECUPERAR OS CARTOS

A exoneración da auditora supón na práctica que se esfumen as posibilidades dos pequenos investidores de recuperar o seu diñeiro. O avogado Joaquín Yvancos, que representa a uns 200 dos prexudicados explicou a Europa Press que, tras a resolución, a única alternativa que se abre é acudir á vía civil contra a auditora, un trámite que terá custos.

En todo caso, tras expresar o seu malestar polas rebaixas nas condenas, Yvancos sinalou que estudan acudir á xustiza europea, ao considerar que o sistema xudicial español non respectou os dereitos dos prexudicados. Así mesmo, reclamarán o ingreso inmediato en prisión dos condenados e que se deriven responsabilidades, para que poidan cobrarse as indemnizacións, á Nova Pescanova.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...

Críticas do PP e BNG de Vigo ao novo contrato do transporte urbano ao non incluír máis autobuses

O PP e o BNG de Vigo criticaron este martes o novo contrato do...