InicioPolíticaIsabel Pardo de Vera recibe a Medalla de Ouro de Vigo por...

Isabel Pardo de Vera recibe a Medalla de Ouro de Vigo por “romper co illamento” da cidade

Abel Caballero afirma que era unha "débeda" que tiña Vigo coa secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, recibiu este venres a Medalla de Ouro de Vigo por ser a persoa que moveu “con máis forza, ímpeto e carácter a ruptura do illamento por infraestruturas” da cidade, segundo reivindicou o alcalde, Abel Caballero.

No acto, levado a cabo no Pazo de Castrelos, o rexedor mostrou a súa “felicidade persoal” por poder entregarlle a Pardo de Vera este recoñecemento, ao ser unha “débeda” que tiña Vigo coa súa persoa.

Tal como lembrou, esta celebración íase producir en marzo, pero tivo que ser aprazada debido á enfermidade que sufriu a propia Pardo de Vera, que precisamente este venres indicou, con cautela, que superou a etapa de tratamento dun cancro.

“Pospuxemos a entrega e hoxe felizmente pode ser, o que me produce un cruzamento de emocións: o respecto á medalla e aos méritos para que a teñas e as circunstancias que obrigaron a pospor o acto”, subliñou Abel Caballero.

No seu discurso, o alcalde apuntou algunhas das “demandas históricas” de Vigo cuxa solución promoveu Pardo de Vera como presidenta de Adif, nun primeiro momento, e como secretaria de Estado, despois. Neste aspecto, referiuse a retomar o estudo do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo ou o saída sur ferroviaria da cidade.

Pola súa banda, Isabel Pardo de Vera agradeceu a concesión da Medalla da cidade ao Concello, aínda que recoñeceu que o premio non é polo traballo logrado, senón “un recordatorio das cousas que quedan por facer”.

Así, comprometeuse a seguir “impulsando todo aquilo que é importante para a cidade, para Vigo, a provincia e Galicia” e, en relación ao “illamento” ferroviario, lembrou que se están mellorando os tempos da conexión con Madrid.

ÚLTIMAS

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...

SPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta de chips fotónicos en Valladares

SPARC Foundry asinou este luns o acordo cos seus principais investidores (Indra GRoup, Sociedade Española...

Comité e Stellantis inician a negociación para o pago da prima variable cun novo marco regulador

Os sindicatos e a dirección de Stellantis Vigo iniciaron as negociacións para buscar unha alternativa á...