InicioPolíticaA Xunta acusa o alcalde de "torpedear" o Consorcio Casco Vello de...

A Xunta acusa o alcalde de “torpedear” o Consorcio Casco Vello de Vigo

O goberno local replica a Fernández-Tapias que é ela a que "rompeu" a unanimidade e "prefire o bloqueo"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio do Casco Vello de Vigo, CCVV (órgano participado nun 90 % pola administración autonómica e nun 10 % polo Concello), denunciou este venres un “novo intento do alcalde de torpedear” as actuacións do ente rehabilitador, tras o voto contrario dos representantes municipais ao Programa de Actuacións, Investimentos e Financiamento para o ano 2023.

O CCVV celebrou nesta xornada unha sesión extraordinaria do seu consello de administración e comité executivo, para dar luz verde á conta xeral de 2021 e ao Programa de Actuacións e Investimentos de 2023. Aínda que o primeiro punto si foi aprobado, o tres concelleiros do goberno local de Vigo votaron en contra do Programa, “que precisa de unanimidade para poder investir 3 millóns de euros”.

Fernández-Tapias lamentou que Abel Caballero “ten unha estratexia programada para dinamitar e torpedear calquera actuación do Consorcio, simplemente polo feito de que é a Xunta a que xestiona o organismo, e non lle pode sacar réditos partidistas”.

Así, criticou que os edís socialistas (a concelleira de Urbanismo, María José Caride; o edil de Fomento, Francisco Javier Pardo; e o concelleiro portavoz, Carlos López Font) “bloquearon a partida económica” que permitiría ao Consorcio seguir mellorando o barrio histórico e pondo vivenda protexida a disposición dos vigueses.

“BOICOT” DA DELEGADA

Pola súa banda, a concelleira de Urbanismo acusou á delegada da Xunta de ser ela a que mantén unha “actitude de boicot” por “romper a unanimidade” no Consorcio e por “reirse” dunha oferta do Concello para “buscar unha posición conxunta”.

Así, nunhas declaracións remitidas aos medios, María José Caride dixo que delegada da Xunta “prefire a confrontación” co goberno local, prefire “o bloqueo no canto do diálogo” e lembrou que a “lealdade institucional” e a “corresponsabilidade” coa que traballaba o Consorcio “rompeu” á chegada de Fernández-Tapias á presidencia.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...