InicioPolíticaA delegada da Xunta denuncia que o Concello de Vigo vetou a...

A delegada da Xunta denuncia que o Concello de Vigo vetou a súa presenza nun acto

Di que lle "prohibiron" asistir á presentación do Torneo Internacional de Tenis Feminino.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, denunciou que o goberno municipal vetou a súa presenza na presentación do Torneo Internacional de Tenis Feminino, presentación que terá lugar na tarde dese xoves, nos xardíns do Pazo Quiñones de León en Castrelos.

Así, a Federación Galega de Tenis remitira unha invitación á Secretaría Xeral de Deportes da Xunta, que delegou a asistencia en Marta Fernández-Tapias.

Con todo, cando a representante do Goberno galego na cidade confirmou á Federación que sería ela a que asistiría, a entidade respondeu mediante un correo no que expón que “lamentablemente, desde o Concello de Vigo”, indícase que a invitación é “exclusiva” para o secretario xeral para o Deporte ou para algún conselleiro.

A Xunta denunciou a “falta de respecto institucional” por parte do goberno local e do alcalde Abel Caballero, ao “prohibir a asistencia” da representante do Executivo galego na cidade, e lamentou que “feitos similares se produzan de forma reiterada durante os actos públicos que se celebran a diario na cidade”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...