InicioPolíticaO odio da ultradereita: Vox denuncia a Abel Caballero en Comisaría pola...

O odio da ultradereita: Vox denuncia a Abel Caballero en Comisaría pola colocación da bandeira LGTBI no Concello

O partido neofascista ameaza con "accións xudiciais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente provincial do partido de ultradereita VOX en Pontevedra, Álvaro Díaz-Mella, presentou un escrito na Comisaría de Policía Nacional da cidade para denunciar o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pola colocación dunha bandeira LGBTI na fachada do Concello

Segundo a versión da formación neofascista, o rexedor vulnera a lei 39/1981 que regular o uso da bandeira de España e doutras, e tamén “podería estar a incorrer nunha infracción tipificada no artigo 543 do Código Penal” (ofensas a España, ás Comunidades Autónomas ou aos seus símbolos).

Díaz-Mella instou o alcalde da cidade a que, segundo a súa versión, “restableza a legalidade e retire de forma inmediata a bandeira LGTBI”, e advertiu de que a denuncia é só “a primeira advertencia” porque Vox está “a estudar accións xudiciais” respecto diso, xa que “non é a primeira vez” que Abel Caballero “non respecta a legalidade”.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...